lunes, 3 de diciembre de 2007

Evolucion

Evolución dos seres vivos.













1 Cronoloxicamente foi a primeira cuestión que se planteou o ser humano respecto os seres vivos.

2 A teoría do fixismo é unha teoría lóxica pero que hoxe en día non ten sentido.

3 Aparecen os fósiles. Aparecen as teorías das catástrofes.

4 Aparecen as primeiras probas da evolución, que dalgunha forma relacionan os fósiles cos seres vivos actuais.

5 Como consecuencia do punto anterior comeza a haber distintas teorías para explica-la evolución.

Probas da evolución.

Probas embriolóxicas.

Ontoxénese: desenvolvemento embrionario de cada individuo.

A lei bioxenética fundamental de Haeckel di que a ontoxenia (evolución dun ser vivo en concreto) é unha breve recapitulación da filoxenia (estudio da evolución do ser vivo en xeral ó longo da historia).

-Todo animal, no seu desenvolvemento, pasa rapidamente polos estados dos seus predecesores evolutivos.

Ex: os embrións dos vertebrados en fases de desenvolvemento.

Probas anatómicas.

O estudio da anatomía de distintas especies animais demostra que existen compoñentes en partes destes organismos que responden a un mesmo plan estructural. Isto demostra a diferencia entre:

-Estructura análoga: orixe embrionaria diferente, pero a súa función é semellante.

-Estructura homóloga: orixe embriolóxica común, pero a súa función é diferente.

Probas bioquímicas.

Tódolos seres vivos están constituídos por glícidos, lípidos, proteínas e ácidos nucleicos, pero unhas están presentes nuns seres vivos e outras noutros.

Ex: A clorofila nas plantas, a hemoglobina na sangue dos vertebrados...

-Tódolos seres vivos do mesmo grupo conteñen as mesmas moléculas, polo tanto a súa orixe e común.

Probas paleontolóxicas.

Paleontoloxía: estudia os fósiles (restos de animais, vexetais que habitaron a terra no pasado). Poden saberse os cambios que sufriron as especies ó longo do tempo a través da comparación de fósiles.

Serie filoxenética: conxunto de fósiles ordenados de maior a menor antigüidade que permite sabe-la historia evolutiva dun determinado grupo.

Probas bioxeográficas.

Bioxeografía: estudia a distribución xeográfica das especies.

No hay comentarios: